Santa Uxía de Riveira, 29 de xaneiro de 2010.- O Salón de Plenos da Casa Consistorial de Riveira foi escenario hoxe da entrega das 14 becas que o Concello de Riveira concedeu a outros tantos deportistas masculinos e femininos do municipio en base aos seus méritos deportivos.
Abriu o evento o concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, quen informou de que a Corporación Municipal repartiu un total de 6.000 euros a través de 10 becas valoradas en 500 euros e outras 4 de 250 euros. Pola súa parte, o tenente de alcalde e concelleiro de Xuventude Vicente García, quen exerceu de presidente do acto e foi o encargado de entregar as becas, salientou os méritos dos 14 deportistas seleccionados, dos que dixo que serven de exemplo a seguir para as xeracións máis novas e levan con orgullo o nome de Riveira alí por onde compiten.
A relación de deportistas becados e os méritos valorados é a seguinte:
HELLMUTH BANDE WILLICH
DEPORTE VELA: 9º Clasificado campionato mundo 670, 11º Clasificado campionato españa plato 25, 3º Clasificado campionato galego cruceros, Campión das regatas do Nazareno, acuagest, subida a Portosín, 2º Clasificado 45 na regata Rías Baixas e no trofeo Urbaser
ALEJANDRO VIDAL ALVAREZ
DEPORTE TAEKWONDO: Subcampión do Mundo de Para Tae Kwondo, Bronce Campionato Internacional Ciudad de Pontevedra, Bronce campionato galego absoluto, Bronce campionato Internacional Ciudad de Pontevedra
IVAN BRION SAMPEDRO 500 € beca
DEPORTE NATACION: Campión de España de augas abertas en 5 e 10 quilómetros, 5º Clasificado no campionato de Europa de augas abertas, Nos campionatos galegos de natación de verán foi campión nos 1500 e 400 metros libres, Campión na proba internacional descenso do Rio Navia
VIRGINIA VILLAR SORIA
DEPORTE ATLETISMO: Terceira clasificado nos campionatos de España absolutos de atletismo en 100 metros vallas e 2ª clasificada nos 4x100 metros libres, Campiona e record galego nos 100 metros lisos, Campiona dos xogos do cantábrico nos 60 metros vallas e 60 metros lisos.
LARA OUVIÑA MARTINEZ
DEPORTE TAEKWONDO: Campiona de Europa Universitaria, Campiona de España sub 21
Campiona de España absoluta por equipos, Campiona galega absoluta, Campiona galega sub 21
Cuarto finalista Campionato de Europa sub 21
ANGEL PARADA MARTINEZ
DEPORTE TAEKWONDO: Campión de España absoluto de Clubs, Subcampión de España sub 21
Subcampión galego sub 21, Terceiro campionato galego absoluto, Campión Open do reino Unido
ALICIA FOLGAR TORRES
DEPORTE ATLETISMO: 2ª Clasificada no campionato de España Universitario, 2ª Clasificada campionato galego absoluto de inverno e 3ª clasificada no de verán, Campiona de España e de Galicia por clubs, 4º Puesto no campionato de España de campo a través por Clubs.
MANUEL MARTINEZ PAZ
DEPORTE ATLETISMO: Campión galego de triple salto en pista cuberta, 3º Clasificado na proba de lonxitude dos campionato galego
ANGEL VILAS VIDAL
DEPORTE NATACION: Medalla de bronce nos campionatos de España Júnior, Campión galego Júnior de 50,100 e 200 metros braza, Campión galego absoluto de 100 e 200 braza e subcampión en 50 metros braza.
PABLO LIJO SANTOS
DEPORTE TENIS: Campión galego Júnior individual e por parellas, Subcampión galego absoluto individual e por parellas, Semifinalista campionato España Júnior Individual, Campión Master provincial, Participación en campionatos ITF
FERNANDO SILVA REIRIZ
DEPORTE LUCHA: Subcampión de españa cadate loita libre olímpica, 11º nos campionatos de España Junior en loita libre olímpica, Campión galego cadete loita grecorromana, Campión galego cadete loita olímpica, Subcampión galego Junior loita grecorromana, Subcampión galego Junior loita olímpica.
ALEJANDRO SILVA REIRIZ
DEPORTE LUCHA: Subcampión de España cadete loita libre olímpica, Terceiro clasificado España Junior loita libre olímpica, Campion galego cadete loita grecorromana, Campion galego cadete loita olímpica, Subcampión galego Junior loita grecorromana, Terceiro clasificado galego Junior loita libre olímpica.
MANUEL ANGEL PARADA FOLGAR
DEPORTE CICLISMO: Campión galego BTT, 1º Clasificado sub 23 e 4º categoría elite na proba celebrada en Cambre e perteñecente a copa de España de BTT, 2º Clasificado en diferentes probas nacionais de ciclismo en carreteira.
ADRIAN JIMENEZ DOS SANTOS
DEPORTE TAEKWONDO: Subcampión de España Cadete 5, 2, 4, Campión Open de España Cadete, Campión Open de Arrigorriaga, Subcampión de España de Clubs, Cuarto finalista Open Internacional de Austria, Subcampión Galego Cadete.