Usuarios Rexistrate Mapa Contacto
Escudo de Riveira
Páxina Principal
Perfil do Contratante

Emprego Púlblico

Recadación

Teléfonos de Interes

Bombeiros

Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla

Xunta de Galicia
X Andaina Popular do Concello de Riveira.Engadido:13/07/2012 10:05:13
Deportes

 

Sábado 1 de setembro de 2012

Como todos os anos, polo mes de setembro, celébrase a “Andaina Popular Concello de Riveira”. Xa imos pola X edición desta actividade, a cal, ano a ano vai gañando en participantes, tanto de dentro coma de fóra do noso Concello.

Nesta edición, salvo mínimas modificacións, o percorrido será similar ao do ano pasado. Algúns dos lugares polos que pasa este roteiro, son:

-Parque Periurbano de San Roque

-Lagoa de Vixán
-Parque Natural
-Lagoa do Carregal
-Monte Tahume
-Dolmen de Axeitos
-Miradoiro da Curota
-Miradoiro Valle-Inclán
-Praia de Coroso

 
Organización
Esta proba está organizada pola Sección de Sendeirismo da Asociación “As Miñoteiras”, contando coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Riveira, Protección Civil de Riveira, Policía Local de Riveira, Asociación de Veciños de Carreira e Asociación Arrecó.
 
Saída
A saída será desde o Polideportivo Santa Uxía, na praia de Coroso, ás 9:00 horas, sendo preciso persoarse no punto de saída, como mínimo 30 minutos antes do inicio da proba.
 
Roteiro
Estará sinalado con marcas verdes fosforescentes e cintas brancas e vermellas cunha distancia máxima de 200 m entre sinais. Ao longo do percorrido haberá persoal da organización para axudar e informar.
 
Controis de paso

Haberá controis de paso, polos que os participantes deberán pasar nuns tempos mínimos e máximos, calculándose os mínimos a razón de 4,2 km/hora, e os máximos a 6,5 km/hora. A organización non se inmiscuirá en como se realicen os tramos entre controis de paso (andando, correndo…) sempre e cando se cumpran os horarios mínimos e máximos, e non se moleste ao resto de participantes.

 
Novidades

• Teremos dous percorridos:
A) Distancia habitual de 50 km.
B) Versión reducida de 36 km que comparte o itinerario nun 90% coa longa, pero que evita as fortes subidas do itinerario longo.
• (O prezo de inscrición será o mesmo para ambos os percorridos, sendo sobre o terreo cando o andarín deberá optar por un deles)
• Obrigatoriedade de portar un bidón ou cantimplora que se irá recheando nos avituallamentos (eliminación das botellas de plástico).
• Así mesmo, será obrigatorio (para mellorar a seguridade dos participantes) portar un teléfono móbil (coa batería ben cargada!!!) no que poder localizar os andarín que non pasen polos controis, ou co que podan avisar á organización en caso de que lle xurdan problemas graves.

 
Cotas
As inscricións (pago incluído) que se realicen antes do 27 de agosto terán un prezo de 15 euros (13 os federados).
A partir do 27 de agosto, as inscricións terán un custo único de 25 Euros.
 
Os participantes poden facer directamente a inscrición a través dos seguintes enlaces:
 

 

Outras informacións que se precisen, no teléfono 981.87.36.46 (Complexo Deportivo A Fieiteira), preguntando polo Departamento de Deportes.